Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-462
Clasificación Genérica Documentos e publicacións; Libros relixiosos
Objeto/Documento Libro de ordenanzas eclesiásticas
Autor/a Glosa e declaración: Mestre Ysla [Fraile da mesma Orde profeso no Convento de Uclés. Probablemente Ruy Díaz de Isla. Segundo consta na contraportada en unha nota manuscrita moderna]
Impresor: Juan Brocar
Título Regla de la orden y cavalleria de S. Santiago de la Espada / co[n] la glosa y declaracion del Maestro Ysla
Materia/Soporte Pergameo
Papel
Técnica Impresión
Dimensiones Profundidade = 1,50 cm; Alto máx = 20,50 cm; Ancho máx = 16 cm
Descripción Exemplar bibliográfico completo, encadernado en pergamiño, que presenta unha portada decorada con capitulares historiadas, unha orla xilográfica a dúas tintas co escudo da orde de Santiago (negra e vermella). No verso da portada hai unha ilustración xilográfica en negro con Santiago peregrino enmarcado nunha gran letra capital. Presenta ilustracións xilográficas no verso das follas lvij e lxxviij. Algunhas das iniciais aparecen ornamentadas con xilografías. Presenta marca tipográfica no verso da última folla
O texto dos capítulos aparece redactado en letra gótica e as glosas en letra redonda.
Iconografia Portada: Cruz de Santiago;
Folla lvij verso: San Pedro;
Folla lvij: A Verónica;
Verso folla portada: Santiago Peregrino;
Folla lvij verso: Danza macabra;
Folla lxxviij: Camiño do Calvario
Inscripciones/Leyendas Impreso
[Monograma do impresor ó dorso do folio 82]
Datación 1547
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Lugar de Producción/Ceca Alcalá de Henares (Campiña de Madrid (comarca), Madrid <(provincia)>)
Uso/función Recolle os capítulos da Regra e as modificacións acordadas no último Capítulo Xeral da Orde celebrado en Madrid en 1655.
Descriptores Geográficos Alcalá de Henares
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001 Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002.
Clasificación Razonada Obra sumamente relevante para o coñecemento e estudo da orde de Santiago de la Espada, rexida pola regra aprobada polo papa Alexandro III no ano 1175. Dita regra, a partir do século XVI, foi impresa en reiteradas ocasións en lingua castelá: a primeira, de 1529, na cidade de Toledo, segundo consta no prólogo da edición de Madrid, e a última e máis completa na imprenta de Sancha en 1791. Segundo varios autores, existiría unha edición anterior á toledana, probablemente, do ano 1511, se ben non hai constancia do ano nin do lugar de impresión. Esta edición de Alcalá de Henares sería, por tanto, unha das primeiras. Como o texto da regra estaba escrito nun linguaxe escuro que daba lugar a numerosas confusións, se lle encargou ao padre Ysla -tal vez, Ruy Días de Isla- a redacción da mesma cunha glosa a cada capítulo co obxectivo de aclarar conceptos. Tamén se inclúe un confesionario, tres capítulos historiais e unha instrución de cabaleiros da orde para dar a coñecer as obrigacións dos membros, así como un catálogo de mestres e administradores.
Bibliografía RÚA PÉREZ, María Luisa. Regla de la Orden y caualleria de S. Santiago de la Espada, co[n] la glosa y declaración del Maestro Ysla. Santiago y la monarquía de España (1504-1788) : [exposición] Colegio de Fonseca, Santiago de Compostela, 2 de julio-19 de septiembre de 2004, coordinado por Guiomar de Carlos Boutet. Madrid: Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, 2004. pp. 266-267.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 07/06/2001
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6